O sábado dende ás 18:45 h o Miño despide a liga como local nun partido que semella un derbi, posto que o equipo que visita o Pavillón Universitario é o Balonmán Loriga de Lalín, equipo tamén fundado nesta tempada e no que toman partida moitos xogadores que compartiron filas con moitos dos xogadores ourensáns.
O Miño tentará lograr os dous puntos que lle permitan manter a 7º praza da clasificación, namentres que os do Deza tentarán coller ritmo de cara ao Play-off de ascenso, xa que ten asegurada a segunda praza.
Os dous equipos darán o máximo para ofrecerlle un fantástico espectáculo aos seareiros que esperemos que enchan de ambiente as bancadas do mesmo xeito que no último encontro disputado no Campus ourensán.
O Miño non foi capaz de agasallar aos seus siareiros cunha vitoria no último encontro como locatario.
Dominou no marcador durante 45 minutos e tivo contra as cordas ao segundo clasificado e mantivo o marcador con diferencias de 2-3 goles pero mediado o segundo periodo, o gardarredes visitante convertiuse nun muro infranqueable para os locais detendo os lanzamentos e propiciando que os do Deza colleran unha vantaxe no marcador que sería definitiva.