Vitoria!! Partido con suspense e q se decidiu, como é habitual, nas últimas accións.
Un primeiro tempo no que o Miño, cun moi bo nivel de xogo durante os primeiros 20 minutos, pero que non se vía reflectido no electrónico dada a gran actuación do gardarredes visitante, Muñiz, que coñece á perfección aos xogadores locais posto que adestra durante a semana coma un xogador máis do plantel. Isto facía que o a igualdade prenominase no marcador. Nos últimos intres, unha sucesión de erros fixeron que os redondeláns se fosen cunha vantaxe de dous goles ao tempo de lecer.
Á volta dos vestiarios, os locais sairon en tromba e cun 7-1 de saída déronlle a volta ao resultado, mantendo a vantaxe até os últimos dez minutos, nos cales a parella arbitral colleu protagonismo e fixo que a balanza se igualase, deixando aos ourensáns con 3 xogadores na pista.
Os da ría de Vigo tiveron balón para igualar o encontro, pero o seu intento foi infructuoso e os dous puntos quedáronse na cidade das Burgas.
21-20 final. Darlle a noraboa á SAR polo partido e toda a sorte no q queda de tempada.