Durante 50 minutos o Miño resistiu e fíxolle fronte ao líder no Pavillón Universitario.
Nun ambiente moi entroideiro nas bancadas, o equipo ourensán tratou de ti a ti a un Rasoeiro, que ca súa amplitude de banco, demostrou porqué lidera a clasificación e é un do máximos favoritos para o ascenso a Primeira Autonómica.
Cunha moi boa defensa e boas accións de ataque, o Miño liderou durante gran parte da primeira metade o luminoso, até que un troco na defensa visitante, unido ás intervencións de Noya, o gardarredes meco deron a volta ao resultado para írense con tres goles de vantaxe ao repouso.
Á volta do tempo de lecer, os ourensáns nivelaron o encontro novamente, dando pé á ilusión dos seareiros por lograr unha nova vitoria como local.
Pero nos últimos minutos, novamente as intervencións dos porteiros visitantes, que detiveron unha serie de lanzamentos consecutivos, fixeron que os do Salnés se escapasen definitivamente no marcador ata conseguir o 21-27 final.