O Miño visita as terras do Morrazo na última hora do sábado para enfrontarse ao Balonmán Moaña, un rival que conseguiu rascar un punto na súa visita á Ourense na primeira volta, tras un partido no que os azuis topáronse contínuamente cun porteiro que o detivo prácticamente todo.
Como é tendeza no que vai de tempada, o Miño non poderá contar con todo o seu plantel pero que os xogadores dispoñibles darán todo o posible para voltar cos dous puntos á cidade das Burgas.
O Miño logrou unha vitoria tan agónica coma xusta. Tras un inicio de partido no que a igualdade foi a tendenza que dominou os primeiros minutos, os ourensáns fóronse entoando e collendo a cabeza do encontro. Pero, como ven sendo habitual nos últimos minutos do primeiro acto, unha sucesión de exclusións provoca que os ourensáns se vaian ao repouso por detrás do electrónico.
Á volta do mesmo, o Miño igualou rápidamente o encontro ata o minuto 45 ningún equipo conseguiu escaparse. Nese intre, os visitante incrementaron o ritmo de xogo e foron conseguindo aumentar a distancia, ata chegar a poñerse 3 arriba a falta de 1:30, pero as imprecisións impediron pechar o encontro e deron opcións a un Moaña que foi capaz de provocar un 7 metros a falta de 1 segundo para lograr empatar o encontro.
Nese acto fratricida, apareceu a figura de Fernando Gavilanes, que redondeou o seu espectacular encontro, no que tivo unha porcentaxe de paradas superior ao 40%, para deter o lanzamento e dar unha vitoria máis que merecida a uns ourensáns, que siguen recurtando distancias cos equipos que o anteceden na táboa e ocupan as prazas de privilexio da categoría.