Este sábado, no horario habitual, 18:45 h, o Miño recibirá ao Línea 21 da Coruña no Pavillón Universitario.
Os ourensáns afrontan o partido con gañas de revancha posto que no encontro de ida voltaron de baleiro tras realizar un bo primeiro tempo, que finalizaron liderando o marcador con facilidade e moi boas sensacións, pero que no segundo acto, unha arbitraxe moi discutida deu azos aos locais para darlle a volta ao electrónico e ir incrementando a vantaxe até o 28-22 final.
Ademáis da vitoria, os do Miño tentarán conseguir superar a vantaxe obtida polos coruñeses no primeiro en contro que lle permita gañar o Goal Average, moi importante en caso de empate, xa que serán dous equipos destinados a loitar pola zona alta da táboa.
O Miño tirou de coraxe no segundo acto de partido para remontar un partido que semellaba imposible.
O encontro comezou cun Línea 21 que sorprendeu cunha defensa moi aberta e intensa que obligou aos ourensáns a modificar o plan de partido. A pesares diso, os locais souberon adaptarse e dominaron os primeiros 20 minutos, momento no que a descalificación directa de Aarón, nunha xogada na que o exceso de ímpetu fixo que se levase por diante ao extremo dereito visitante, que desembocou nunha pequena tángana na que o porteiro Neves e dous xogadores visitantes acompañaron ao calidoso extremo do Miño na bancada ao seren tamén descalificados.
Este incidente fixo que os azuis se desconectasen por completo, algo que os coruñeses aproveitaron para aumentar a vantaxe até os seis goles, 11-17, que marcaba o luminoso no tempo de lecer.
No segundo tempo, os locais, basándose nunha fantástica e intensa defensa impedía continuamente os ataques visitantes e pouco a pouco foron disminuíndo a vantaxe para chegar a empatar o encontro a falta de menos de 10 minutos. A saída en ataque de Sabas e Fran cambiou por completo o ritmo do xogo, e propiciou que os locais lograsen comezar a poñerse en guarismos positivos.
A falta de 20 segundos, nunha boa combinación, os do Miño puxérense por diante. A pesares diso, os visitante tiveron balón para lograr a igualada, pero os ourensáns puideron deter a tentativa coruñesa, que protestaron a última acción na que consideraban que a acción debía ser rexida pola Regla dos últimos 30 segundos, pero que finalmente quedou resumida a golpe franco directo que non foron capaces de converter.
Un partido dos que fan afección e que enche de moral a uns locais, novamente moi mermados, no seu intento de engancharse á zona noble da clasificación.