O descanso conxeou as ideas do Miño o sábado pasado no Municipal de Lalín.
Uns bos primeiros 25 minutos, nos que o Miño tratou de ti a ti ao que tras a finalización da xornada ocupa o primeiro posto da táboa clasificatoria, dominando o encontro en gran parte do mesmo, proseguiron cunha desconexión que provocou que os do Deza se marchasen ao repouso con tres goles de vantaxe, 11-8.
Á volta do receso, os ourensáns seguiron ca tendenza negativa conseguindo dous tantos en 15 minutos, nos que os lalinenses se escaparon por completo do encontro ata o 21-10 que marcaba o luminoso mediado o segundo acto.
A partires daí, os visitantes, coa raza que os caracteriza, non tiraron o partido en ningún intre, e entoáronse de novo, recurtando distancias até o 26-20 final.
Os postos de privilexio póñense cada vez máis complicados para un equipo ourensán que sigue mermado cada fin de semana con numerosas baixas, que ben seguro, cando o plantel esté ao completo dará mostras da calidade que atesoura.